Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. porén, o autor segue crendo de xeito abafante, incurable e miserable. agora que vai ter un fillo, debátese entre cortarlle o prepucio ou esperar algo peor ca a morte. comparado en varias ocasións con woody allen e phillip roth, shalom auslander brinda un rico e fascinante retrato dun home pelexando coa fe e a familia cunha mestura de humor e ira.
